Saturday 18 de May de 2024

O PSOE de Ordes pedirá a ampliación do prazo de alegacións ao Plan Xeral de Ordenación Municipal


O PSOE de Ordes pedirá na próxima sesión plenaria a ampliación do prazo de alegacións ao Plan Xeral de Ordenación Municipal. Os socialistas consideran que o prazo establecido é demasiado reducido e que, ademais, prexudica notablemente a un gran número de veciños e veciñas que se atopan fóra do termo municipal e que non volverán ao municipio ata as vacacións de verán.

Por iso, o PSOE de Ordes pedirá no pleno unha ampliación do prazo de alegacións para que aquelas persoas que teñen propiedades no termo municipal pero que se atopan fóra do municipio, ben no estranxeiro ben noutra localidade nacional, pero que non poden desprazarse para comprobar como quedarían as súas propiedades no novo PXOM.